Informe de valoración do software libre 2012

Valoración del sofware libre en la sociedad

Hoxe iniciouse a divulgación do “Informe de valoración do software libre 2012”, que realiza anualmente o portal de software PortalProgramas.com. Neste ano máis de 5.000 persoas de España e Lationamérica participaron na enquisa realizada por este portal. Os resultados do estudio poden consultarse a través das seguintes ligazóns:

Este informe trata de dar resposta a varias das cuestións que plantexamos respecto da valoración do software libre por parte dos usuarios domésticos: coñecen o software libre?, está extendido o seu uso?, confían nel?… Algunhas das conclusións:

  • Disminúe nun 10% o número de usuarios que confunde software libre con software gratuíto. Un importante avance.
  • O coñecemento do software libre en Latinoamérica mellorou o dobre con respecto ao ano pasado.
  • O 55% dos usuarios de Android coñecen ben o software libre, superando só lixeiramente aos usuarios de Windows.
  • Tan só un 4% máis de usuarios de software libre prefire Firefox antes que Chrome.

PortalProgramas é unha canle de descargas e artigos sobre software con case que un millón de usuarios rexistrados e máis de 320 millóns de descargas realizadas. Nos seus máis de 8 anos de vida, destaca por ofrecer descargas gratuítas e legais, así como un apoio claro do software libre.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio