II Xornada de Usuarios de R en Galicia

Cartel II Xornada de Usuarios de R en Galicia

A II Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela, o día 1 de outubro de 2015.

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Se queres contarnos as túas ideas sobre esta Xornada, presentar unha charla sobre algún tema que che interese ou organizar un taller, no dubides en contactar con nós a través do formulario de contacto. Tamén podes enviar un chío coa etiqueta #Rgal15.

A inscrición é de balde, e de libre acceso.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2015.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio