¿Que é o Software Libre?

Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades: • liberdade para executar o programa, con calquera propósito;• liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a […]

Tradución

A tradución de software desenvolveuse en galego nos últimos 15 anos a partir do esforzo voluntario de persoas particulares, ben individualmente ben agrupados en colectivos máis ou menos formais pero nos que sempre se concibiu a tradución e galeguización como unha actividade de participación cívica. Se ben nun principio o uso do software en galego […]

Wiki

O wiki de Mancomún naceu como punto de encontro para a xestión, documentación e seguimento dos proxectos de tradución e localización de software que se promoven desde o portal. Co paso do tempo, grazas á súa utilidade como ferramenta de traballo colaborativo, este servizo foi evolucionando incorporando diversa documentación sobre os aplicativos promovidos dende mancomún, sobre proxectos […]

Empresas

AGASOL é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores coas distintas Administracións e a sociedade civil galega, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento que comparte, publia e fai públicos as melloras nos programas informáticos.

Agrupacións

Un Grupo de Usuarios de GNU/Linux, (en inglés Linux User Group LUG) é unha asociación sen ánimo de lucro que tenta difundir o uso de GNU/Linux e do software libre no seu ámbito, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software. Habitualmente, xorden nas universidades ou centros de estudos, ou en […]

Os nosos obxectivos

Os obxectivos da Asociación son: 1. Promocionar e divulgar o concepto de Software Libre e fomentar o seu uso 2. Fomentar e apoiar os proxectos de Software Libre, especialmente aqueles desenrolados polos seus membros. Impulsar e respaldar as iniciativas de Software Libre 3. Adaptación do Software Libre á lingua galega. 4. Promover o emprego de […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio