II noite Drupal & GNU/Linux

Galpon recolle o facho lanzado polos compañeiros da Comunidade O Zulo de Mugar2.0, e poñen en marcha a II noite drupal&gnu/linux.   Esta segunda edición terá lugar na “Cova dos ratos” en Vigo, o próximo 1 de xullo (venres), desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada, e terá como proxecto, a realización dunha proposta […]

Entrevista en Radio Melide

O pasado xoves, 19 de maio, Rafael Rodríguez Gaioso estivo nos estudios de Radio Melide para dar a coñecer a nosa Asociación, e as actividades que estamos a realizar en beneficio do software libre e da tecnoloxía en xeral. Fumos acollidos de forma extraordinaria por María, a quen agradecemos a súa atención e interés amosado […]

Charla de achegamento ao Software Libre

O próximo xoves 26 de maio, ás once da mañá, no telecentro do edificio multiusos de Melide, imos realizar unha actividade en colaboración cos compañeiros de ParnetTIC de Melide. Dita actividade constará dunha pequena charla de achegamento ao Software Libre.  Explicaranse brevemente os conceptos básicos para entender o movemento do código aberto, e expoñeranse algúns […]

Trasnada 11.0

A xuntanza trasnega está ao caer e desta volta terá lugar na cidade de Ourense, o 28 de maio na Casa da Xuventude. A trasnada comezará coa asemblea xeral ordinaria da Asociación Proxecto Trasno ás 9:30. Dende as 12:00 e durante o resto do día os tradutores celebrarán unha sesión de debate terminolóxico para seguir […]

Día das Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas 2011, Melisa organiza dúas actividades os próximos días 16 e 17 de maio. A primeira delas terá lugar na Biblioteca Pública Xosé Vázquez Pintor de Melide, o luns 16 ás cinco da tarde. O acto consistirá nunha demostración práctica de diferentes ferramentas informáticas (navegador, procesador de texto, xestor […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio