15º Festival Latinoamericano de Instalación de Software Libre
A Coruña, 27 de abril.
O próximo 27 de abril vaise celebrar na Coruña un dos eventos nacionais do Festival Latinoamericano de Instalación de Software Libre.
O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e incluso persoas que no posúen moito coñecemento informático.
O evento é organizado por diferentes comunidades locais que traballan na difusión do software e hardware libre, e lévase a cabo de forma simultánea con eventos nos que se instala, de xeito gratuito e totalmente legal, software libre nas computadoras que leven os asistentes. Ademáis, de xeito paralelo, ofrécense charlas, relatorios e talleres, sobre temáticas locais, nacionais e latinoamericanos en torno ao Software Libre, en toda a súa gama de expresións: artística, académica, empresarial e social.
A entrada é de balde, e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.
Conta con diferentes espazos onde se van impartir diferentes charlas e talleres, en sesións de mañá e tarde. Para poder asistir a ditas actividades é necesario realizar a inscrición previa a través da web do evento.
Organizado por MeLiSA, conta coa colaboración de Bricolabs e Museos Científicos da Coruña, e co patrocinio de Librebit e AGASOL.