II Roteiro abeancos.gal

II Roteiro de Abeancos

Ven coñecer coa Asociación Melisa, co Museo Terra de Melide e coa Asociación Veciñal Melidá, o patrimonio da Comarca.

Roteiro gratuito de dificultade pequena, no que poden participar adultos en nenos acompañados a partir de 7 anos.

Celebraráse o 3 de agosto. A saída en autobús terá lugar dende a Praza das Universidades as 10:00 da mañá. Esta previsto que dure ata as 17:30. Os participantes que non queiran continuar pola tarde poderán volver a Melide á hora de xantar.

Para anotarse e mais información: info@melisa.gal

Este roteiro forma parte das actividades que MeLiSA realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.


View Larger Map

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio