Os próximos 23 e 24 de marzo, Melisa vai impartir dous obradoiros no IES de Arzúa, co obxectivo de formar nos conceptos básicos do Software Libre, así como amosarlles as alternativas existentes para as aplicacións máis usadas na empresa.
Dirixido a:
Alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.
Impartido por:
Rafael Rodríguez Gayoso. Enxeñeiro Superior en Informática e presidente de Melisa.
Horario:
Dende as 10:50 ata as 12:30 (días 23 e 24 de marzo)
Contidos:
Primeiro día (23 de marzo):
- Presentación. Do ponente e da Asociación Melisa.
- Introdución ao Software Libre.
- Formatos abertos.
- Sistema operativo GNU/Linux.
- Aplicacións libres na empresa.
Segundo día (24 de marzo):
- O DNI electrónico.
- A factura electrónica.
{xtypo_download} Programa {/xtypo_download}