Melisa colabora no evento DFD 2011

dfd2011Melisa vai participar no Día da liberdade dos documentos, que se vai celebrar o próximo 30 de marzo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo [ver mapa].

A Comunidade galega do Software Libre quere unirse a este día de celebración mundial organizando unha xornada á que convida achegarse a toda a cidadanía.

O Día da liberdade dos documentos é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre.

O obxectivo é chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos, en formatos libres e baixo estándares abertos. Cantas veces ocorreu que ficheiros gardados nun formato privativo tornáronse inaccesibles logo de que o proveedor do software abandonara a asistencia ao mesmo?, cantas veces viuse obrigado a conseguir un programa específico porque alguén lle enviou un ficheiro nun formato que só se pode abrir coa última versión desa aplicación? cantas veces topouse cun sitio gubernamental que o obrigaba a usar o software dun só proveedor para exercer os seus dereitos como cidadán?

Chamar a atención sobre este tema permitiranos construír un modelo de comunicación dixital onde ningunha persoa sexa discriminada ou tratada con menores beneficios que outra polo software que emprega.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio