10 motivos para usar software libre na empresa – Flexibilidade

5. Flexibilidade

Cando unha empresa fai uso de software privativo, vai entrar nunha espiral de actualizacións forzosas non só de software, senón tamén de hardware para soportar as novas versións. Por exemplo, o caso de Windows Vista, que requiría ampliar gran parte do equipamento para que puidera executarse con certa soltura, obrigou a moitas empresas a facer investimentos no seu parque de ordenadores sen conseguir unha vantaxe significativa.

Sen embargo, o software de código aberto, soe requirir moitos menos recursos, o que significa que pode funcionar de forma correcta, incluso en equipos de varios anos. Hai distribucións de GNU/Linux capaces de executarse en máquinas 486 con 64Mb de memoria RAM.

Polo tanto, depende do usuario a decisión de cando é o momento de actualizar o seu equipo informático, sen imposicións por parte dos fabricantes.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio