7. Auditar o código
Cando empregamos software privativo temos que facer un “acto de fe“, e crer na palabra do fabricante ou do vendedor. Teremos que confiar ‘cegamente’ no que a empresa fabricante di que a aplicación fai, ou non fai. Non temos maneira de auditar o código desa aplicación.
Sen embargo, cando empregamos software libre, seremos capaces de comprobar pos nós mesmos a calidade do código fonte. Por exemplo, podemos comprobar que esa aplicación non está a enviar dados persoais cara internet, ou que non ten fallos de seguridade á hora de transmitir información, ou almacenar as contrasinais, etc.
Polo tanto, deixemos os “actos de fe” para outras facetas das nosas vidas, pero no que comprende á información que usamos a diario na nosa empresa, temos que ser capaces de confiar en que as nosas aplicacións son fiables, e non están a facer cousas ‘raras’ sen que nos demos conta.