Premio ao Mellor Proxecto Fin de carreira con Software Libre

Ptrmio PFC 2012

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convoca a V Edición do premio ao mellor proxecto fin de carreira con software libre.

O premio, que foi creado hai cinco anos pola empresa galega Igalia, ten unha contía económica de 2.300 euros a repartir en 3 categorías. Poderá presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira nalgunha das convocatorias dos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012. O prazo de presentación de candidaturas comezou onte, 12 de xullo, e remata o próximo 31 de outubro.

Todos os interesados en participar poden consultar a información na páxina do premio, dentro de mancomún, ou poñerse en contacto coa oficina de coordinación FLOSS da Xunta de Galicia.

Con esta iniciativa, na que colabora Melisa, a Xunta desexa continuar premiando a labor que están a realizar os universitarios galegos á vez que pon en valor o traballo que realizan durante o seu Proxecto Fin de Carreira, e todo elo promovendo o emprego do Software Libre como ferramenta de achegamento ao mundo laboral.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio