OpenData Day 2020 A Coruña

O día dos datos abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo. Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises. Todos os traballos realizados son abertos para usarse e re-usarse. […]

Flisol 2020 A Coruña

O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e mesmo persoas que non posúen moito coñecemento informático. O seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en […]

II Roteiro abeancos.gal

Ven coñecer coa Asociación Melisa, co Museo Terra de Melide e coa Asociación Veciñal Melidá, o patrimonio da Comarca. Roteiro gratuito de dificultade pequena, no que poden participar adultos en nenos acompañados a partir de 7 anos. Celebraráse o 3 de agosto. A saída en autobús terá lugar dende a Praza das Universidades as 10:00 […]

Festival de instalación de software libre

O próximo 27 de abril vaise celebrar na Coruña un dos eventos nacionais do Festival Latinoamericano de Instalación de Software Libre. O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e incluso persoas que no […]

Cuarta edición do programa «Software libre nos centros penitenciarios de Galicia»

Os/as voluntarios/as de Melisa iniciaron o mes pasado de setembro a cuarta edición do programa de difusión e formación en tecnoloxías libres nos centros penitenciarios de Galicia. Este programa de actividades arrancou no ano 2013 como parte das actividades que leva a cabo dito colectivo para a difusión das tecnoloxías libres a diferentes sectores sociais […]

I Xornada «abeancos.gal»

Os días 8 e 9 de xullo, terá lugar en Melide a I Xornada «abeancos.gal». O proxecto «abeancos.gal» nace no ano 2016 a partir dunha réplica doproxecto «aculturadaauga.org», creado pola Comunidade O Zulo de Mugardos. Neste caso, o obxectivo foi crear un catálogo dixital e aberto de elementos patrimoniais localizados na área da Comarca da […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio