Melisa apoia a continuidade de Mancomún

mancomunAnte as novas xeradas trala reunión do Consello da Xunta do pasado 9 de xullo, Melisa quere manifestar o seu apoio ó proxecto iniciado fai tres anos polo anterior goberno da Xunta a prol da divulgación do software libre, e en concreto queremos apoiar a continuidade da labor desenrolada polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún).

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu divulgar o Software Libre, pero agora que goberna, ameaza con desmantelar Mancomún. Nós queremos evitalo, e se ti tamén queres que Mancomún siga traballando, apoia esta campaña promovida dende Ciberirmandade da Fala.

Fai clic nesta ligazón e envía un correo electrónico de apoio

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio