Segunda xornada dos Obradoiros de verán

obradoiros_de_veranEste pasado xoves, 12 de agosto, celebrouse no edificio multiusos de Melide, a segunda xornada dos Obradoiros de verán.

Rafael Rodríguez, Enxeñeiro en Informática e presidente de Melisa, foi o encargado de expoñer nunha breve charla, os pasos a levar a cabo para poder facer unha instalación dun sistema operativo nun ordenador persoal. Conceptos como particións, formato, orde de arranque, ou as diferenzas entre os diferentes sistemas operativos foron algún dos temas que se puideron ver nesta segunda xornada. Asemesmo, fixose unha exposición de diferentes versións de GNU/Linux, adaptadas a portátiles ‘netbook’, ou con fins especiais, como poden ser as destinadas ó entorno educativo.

A resposta por parte dos participantes foi moi positiva, realizando moitas preguntas, e tratando de aclarar todas aquelas dúbidas que foron surxindo respecto ós temas expostos.

Dende Melisa, agradecemos moito a participación dos asistentes, e seguimos a animar a todas aquelas persoas interesadas, a asistir á nosa terceira xornada que terá lugar o próximo venres, 13 de agosto, onde se fará unha introducción á robótica, e ó manexo de Arduino.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio